En el día de las Letras Galletas programamos a dos
grupos de nuestra nazón ourensiana, ese lugar onde as mulheres son máis
gorentosas, fai calor e se bebe licor café salvo que alguén invite a
outra bebida.
Como é festa nazonal na honra de Xosé María Díaz Castro, o prezo será duns RIDÍCULOS 2 EUROS GALEGOS. Os irmáns portugueses
e brasileiros están especialmente convidados. Incluso los espanholes. O
lugar, o CAFÉ CULTURAL EL PUEBLO. A hora? Ahora non, o sábado 17 de
maio ás 21:30.
GORILAS A PILAS son xóvenes pero fan punk e as
súas propias cancións, exactamente igual que o que fixeron grupos que
agora adoras ou deberías adorar, como os Minutemen, Ramones, Sex Pistols
ou Siniestro Total. No rock and roll a veteranía non é un grado, senon ó
revés, por iso é lamentable ver arrastrarse a todos aqueles rockers
ochenteros tentando parecer chavalotes. Son frescos e espontáneos.
KLAUSURA son máis punk que rock e especialmente son de Ourense. Iso
nótase no toque canalla do que tocan (valga a redundancia), mesmo cando
se enfrentan a clásicos dos que todo o mundo coñece. Son frescos.
Cuello chegan por primeira vez a Ourense dende
Valencia presentando Modo Eterno, primeiro no ránking nacional de
Mondosonoro mentres escribimos estas liñas. Cuello xunta a membros de
bandas de traca como Betunizer, Derrota, Tucán ou Los Tracahombres para
parir un punk que xunta forza e velocidade con melodía sen que se
noten as costuras. Todo ben afinado para bailar e, sobre todo, para
poguear deleitándose con reminiscencias ó pop clásico mesturado con
apmlis roncando ó vermello. Engraxen os esqueletes e espérense o mellor.
https://bcoredisc.bandcamp.com/album/modo-eterno
Estarán na perfecta compañía dun dos clásicos de PORNO: Monstruo, la
niña bonita, uns desherdados que crían polos no local de ensaio e que
algúns definen como o equilibrio perfecto entre a trapallada e a
intelectualidade. Para outros simplemente son uns colgados que fan
ruído. En todo caso, seguirán a súa premisa intelectual: todo para o
pobo, pero sen o pobo, agasallando ós presentes cos seu punk salteado de
matices, pasando da escuridade ó brillo pop ou paseándose polas fosas
abisais da psicodelia e o hipnotismo kraut para logo sonar como o garaxe
no que teu pai está furando unha chapa de metal cun taladro.
http://discosporno.bandcamp.com/album/monstruo-3
5 euros ridículos para poder entrar.
Os que viron a Guerrera en directo algunha vez, nas
distancias cortas, seguramente aínda estean en trance por ese sonido que
parecen golpes vindo de todas partes, como se estiveras facendo pogo
con osos pardos. Seguramente aparezan movendo a cabeza pola porta do
Café Cultural El Pueblo este sábado 3 de maio coa entrada
na boca, e se abran paso babeando ata a primeira fila para poder sentir
máis forte e máis preto o poder. Cada vez máis rápido e sen poder
conterse, nunhas emocións parecidas ás que relataba Jaime Gonzalo sobre
Iggy Pop:
“(...) ahí estaban al alcance de mi mano los
atributos de Iggy Pop, oscilando cual péndulo de Foucault, ofrendados
como un grueso y cárdeno gusano hipertrofiado que parecía decir “nene...
¡devórame!”. ¿Qué hacer? No me disuadían sus dimensiones – notables
pero no extraordinarias -, tampoco admitir unas inclinaciones anfibias
ya exploradas durante la adolescencia, ese período de pruebas. Como
Goldstein, me carcajeaba de los prejuicios y bien podía imaginarme
succionando simbólicamente aquel falo legendario, extrayendo por ese
obsceno conducto todo el poder que emanaba de Iggy Pop, mitológico
fauno, atlético áspid. Yo tampoco era gay, pero si antropófago, y en
aquellos momentos, el deseo de canibalizar a Iggy, de sorber su
enviciada sustancia, néctar sexual, narcotizante toxina con la que
sojuzgar hombres y mujeres, homos y heteros, carne y pescado, me
perforaba los parietales con zumbante rebufo de bala trazadora.”
Evidentemente Guerrera sonan sexuais, pero non tan fálicos. A súa
mística ten menos que ver coa antropofaxia que co lume e os elementos en
xeral. Son exóticos pero non en plan africano, máis ben zulú ou azteca.
En disco xa son a hostia pero o seu sonido sucede de verdade cando non
teñen que estar recluídos nos surcos dun vinilo ou en ceros e uns
dixitais. E se non estiveches no Pueblo aínda esta é a mellor
oportunidade para que te plantes diante da súa cara e te esquezas do teu
corpo. Cando te queres dar conta, estás flotando entre riffs stoner,
ritmos latinos e rituais extraños.
http://matapadre.bandcamp.com/album/mauna-loa
https://www.facebook.com/discos.p0rn0
Ás 21:30
No Café Cultural El Pueblo (bebidas baratas, futbolín e cultura underground)
5 euros anticipada (El Pueblo)
7 euros taquilla
Prezos ridículos polo dereito a unha cousa como esta.
El sábado 3 DE MAYO, a las 12 de la mañana, se
presenta en la LIBRERÍA EIXO de Ourense "Cuando Ríes. Los Contentos:
unos malditos pioneros del garage", el libro de Fernando Fernández Rego y
Piti Sanz sobre el citado grupo lugués, repasando la historia de uno de
los grandes olvidados del rock en Galicia. Con ENTRADA LIBRE, por supuesto. Piti Sanz tocará además algunos temas del grupo.
A finales de los 80, Los Contentos fueron probablemente los primeros en
seguir el estilo de los Sonics, los MC5 o los Kinks e introducir esas
influencias en formaciones posteriores como Los Eskizos. "Cuando Ríes"
incluye además el directo "Unknown Pirate: Live!", el tercer disco que
sale a la luz del grupo, más de veinte años después de su disolución, y
en el que repasan clásicos del garage de antes de Internet, como "Search
and Destroy" o "Ramblin' Rose". Todo esto lo edita Xonix Records.
Sobre el han dicho cosas bonitas:
Javier Becerra (Retroalimentación - La Voz de Galicia)
"Cuando ríes es, en realidad, un acto de justicia. (...) Siguiendo, en
cierto modo, el esquema del mítico Por favor mátame, la historia oral
del punk, el libro da prioridad máxima a los testimonios de los
integrantes del grupo y todas las personas que los circundaron.
Enlazados con pequeños lapsos narrativos, conforman un puzle que viene a
reivindicar la importancia y el legado de la banda."
Tino López (Os Resentidos, Semen Up)
“Libro fantástico, tierno, duro, emocionante, cautivador y con anécdotas desternillantes”
Antonio Cadarso (Los Cafres)
“Durante muchos años, injustamente olvidados, y hoy, felizmente
recuperados. Tenemos un interesante libro-CD que glosa su ascenso y
caída. Un libro de contenido crudo y valiente. Gracias al empeño de
Fernando Rego y del superviviente y amigo fiel Piti Sanz podemos ahora
volver a llenar un espacio glorioso de la historia de la música en
Galicia”
Oscar Avendaño (Siniestro Total, Oscar Avendaño y Los Profesionales)
“Y tan Contento que me he quedado con esta compra. De verdad, os la
recomiendo muy mucho. Cuando ríes. La historia de Los Contentos. La
tuya, la mía o la de cualquier perdedor que tenga un grupo, no se coma
una mierda y siga ahí, pensando que el resto del mundo está equivocado.
Solemos tener razón”
El libro se puede conseguir por 15€ (+gastos d envío) a través de la tienda de Xonix Records: http://www.xonixrecords.com/tenda.html, y escribiendo a xonixrecords@gmail.com se enviarán contrareembolso a la dirección indicada.
También físicamente en:
A Reixa Tenda (Santiago)
Librería Trama (Lugo)
Fnac A Coruña (A Coruña)
Discos Elepé (Vigo)
Librería Cantón4 (Ferrol)
Librería Eixo (Ourense)
A Casiña dos Contos (Bandeira / Deza)
Próximamente más puntos de venta.
- Temos unha idea, sería nun bar, en Ourense, non,
mellor antes iriamos a unha libraría, si, eso mola, sempre da un toque
como de interesante, ben. Pois o tema sería chegar alí, con poemas,
vale, xa sei que iso da poesía non vende moito, pero da igual, nós
chegamos alí e recitamos os nosos poemas en público, e a xente
rise, baila, drógase moderadamentre dentro do marco legal (ENSALADAS A
UN EURO) establecido, en fin que flipan con nós e queren tirarse ó alto
do grupo, xa sabes, o que non toca nada, porque aquí hai un recital ás
oito sen banda, pero logo tamén vai un grupo.
- Pero iso xa
existe, chámase Aldaolado, Picaversos e toda esa mierda, e dende que non
está subvencionado, a iso (BARQUILLOS, OYGA SEÑORA, BAAAAAAARQUILLOS)
non vai ninguén.
- Non,eu xa sei o que di pero nós falamos de algo distinto,neste proxecto a xente iría en pelotas.
-Pero que di? é a mellor idea que tivo un creativo deste país dende que
decidiron facer unha serie sobre (ESPECIAL JAMBURGUER A 3,5,6 COCHINOS
EUROS JAMBURGUER DE COCHINO) narcotráfico na costa galega con
latinoamericanos de por medio.
- Pois atenda,que llo explico.
Como acaba de ler, señora, POLLITOS BIEN y los abortíjenes viaxan á
cidade (OVOS DA CASA PARA TI E PARA OS DEMÁIS) das Purgas para facer un
recital que a ninguén @ vai deixar indiferente, para nós é unha honra
poder actuar na única provincia do país que non pode construír chalés en
primeira liña de praia, nin a segunda, nin a terceira,pero pola que
corren ríos de licor café del bueno, estades tod@s convidad@s a este
singular espctáculo. Ah,e tamén haberá poesía,para quen a pida.
invitados especiais: EBA REIRO Y ESPOSA
ENTRADA GRATUÍTA
20:00 RECITAL DO CICLÓN DE LUZESTZ NA LIBRERÍA EIXO
22:00 CONCERTO EN EL PUEBLO
VERSIÓN RESUMIDA DOS MOTIVOS POLOS QUE ACUDIR A ESTE EVENTO:
CRÓ! son a pera e MONOTONUS molan, molan. Haberá froitas de todo tipo
no CAFÉ CULTURAL EL PUEBLO, por SÓ 5 DÓLARES EUROPEOS, o SÁBADO 19 ás 21
horas.
VERSIÓN EXTENDIDA, CON EXTRAS:
CRÓ! están presentando o seu novo disco, “Pera”, e baixo a aparente
simplicidade desas catro letras escóndese unha complexidade fascinante. A
palabra “pera” refírese evidentemente á froita do pereiro, pero nalgún
tipo de argot pode funcionar como adxectivo modificador. Nese caso,
tamén reducible ó diminutivo “perita”, úsase para definir algo
fantástico, perfecto para o momento. Un café agora sería pera = como me
cundía agora un café. Cró! son “muy te cunde”, se o vemos así. Claro que
o termo, unha vez diminuído, lévanos a ese perita. Unha churrascada o
sábado sería perita = boca aberta e babear. Cando te babas pola noite é
porque durmes con verdadeira profundidade: durmes perita. Pero unha
perita, ademais dunha pera pequena, tamén é o feminino do termo
“perito”. Iso significa “conocedor a fondo de algunha materia ou
ciencia, cuxa actividade é vital na resolución de conflitos”. Pero logo
hai xente, ai, que utiliza “peras” para referirse a peitos, nunha das
mostras máis coñecidas da tendencia a utilizar froitas e vexetais como
metáforas sexuais: melóns, bananas, pepinos, kiwis, etc. En definitiva,
dicir que Cró! son pera pode querer dicir un feixe de cousas. E desa
maneira queda claro que a súa música ten unha riqueza enorme e leva a
cada un a sacar as súas propias conclusións, porque non é pechada e
seguidora de fórmulas. É unha música que sucede no momento, feita por
peritos da materia e que vai en moitas ocasións acompañada de
fascinantes imaxes. E se non as hai, aparecen na cabeza de quen as oe,
que tamén rematan coa boca aberta e babexando con frecuencia.
http://spacecro.bandcamp.com/
MONOTONUS están presentando o seu novo disco, “Mola Mola”, e
desenvolver outra tese arredor do seu nome ou o título do seu disco
seguramente sexa algo tedioso para vós e para min. Todo o contrario do
que sucede ó escoitalos (e esa semana poderá oírselles tamén noutros
sitios de Galicia como La Caja en Vigo). Son intensos e excitantes cando
queren, e cando non pois son o que lles vén en gana. Ás veces son
repetitivos pero en plan ben como no rollo kraut, e ás veces teñen
melodías bonitas, e ás veces ruido do que che fai vibrar o corpo. Lin
por aí que a partir das vibracións propias da escala musical occidental
se puideron atopar os elementos que faltaban da táboa periódica e tamén
as posicións relativas dos planetas no Sistema Solar (excepto Saturno).
Os obxectos teñen música, o silencio absoluto non existe e o teu corazón
palpita nunha frecuencia semellante á dun bombo na caixa torácica. De
todas formas, o desta xente é outro nivel, son como Induráin en canto a
iso. Teñen unhas letras moi interesantes, a consultar aquí:
http://monotonus.bandcamp.com/

Recentes investigacións de científicos españois que
viven no estranxeiro acaban de revelar datos sorprendentes sobre o
tamaño de certos animais. Por un trastorno da percepción froito do
antropocentrismo occidental, bestas que creíamos de pequeño tamaño,
manexable e facilmente controlables resultaron ser en realidade enormes
e perigosas. De todas formas, este trastorno fixo posible a evolución
do ser humano, que se enfrontou cunha valentía inusitada a seres dos que
hoxe sabemos que teñen un tamaño entre os 2 e os 4 metros de diámetro:
porcos celtas, gatos riquiños, motorratos de Marte... Dende a sección de
I+D de PORNO queremos compartir este coñecemento con Ourense pero, ó
mesmo tempo, celebrar desenfrenadamente o feito de que a egolatría
humana nos trouxera a onde estamos hoxe. Por iso, ESTE VENRES 11 DE
ABRIL, traemos un exemplar domesticado de PINGÜINO, que será visible
vixiado de cerca polos nosos membros favoritos do Partido Animalista:
MONSTRUO. Todo iso na recén inaugurada Meca cultural de Ourense: O CAFÉ
CULTURAL EL PUEBLO. Polo módico prezo de 3 EUROS CON CONSUMICIÓN
INCLUÍDA.
PINGÜINO miden máis ou menos como Robert Smith e
desenvolveron unhas habilidades sorprendentes para ser aves, facendo
unha música que ten algún parecido ó canto dos paxaros. Pero claro, son
paxaros de metro oitenta e sempre foi sorprendente esa habilidade
dalgúns para poñerse nas torres de alta tensión sen que lles pase nada. A
estes pasoulles que se electrificaron e entón acabaron sacando un LP
que se chama “Gente Formal” no que cantan sobre as costumes humanas e
hispanas que máis os sorprenden. Gústanlles Sonic Youth, Hüsker Dü ou
Dinosaur Jr. Por se fora pouco, son asturianos.
http://pinguino.bandcamp.com/
A MONSTRUO tamén lles gustan eses grupos, pero sobre todo gústalles a
Nai Terra. Despois da súa fase militante e de que algúns deles cumpriran
pequenas penas de cárcere por encadearse a petroleiros en augas
internacionais, apostan por un lado espiritual que sorprende alá por
onde pasa. Supresión do ego e comunión coa natureza a través de
electricidade. A suma do poder das súas raíces africanas e a tecnoloxía
que desenvolvían os técnicos de televisión rurais que aprendían por
correspondencia. En todo caso, non deixa de ser glam rock.
http://discosporno.bandcamp.com/album/monstruo-3
21:00h: ábrense as portas (eufemismo para que vaias vindo e observes ós animais no seu hábitat natural: a barra de bar)
21:30 con puntualidade británica: empeza a exhibición.