Cuello chegan por primeira vez a Ourense dende
Valencia presentando Modo Eterno, primeiro no ránking nacional de
Mondosonoro mentres escribimos estas liñas. Cuello xunta a membros de
bandas de traca como Betunizer, Derrota, Tucán ou Los Tracahombres para
parir un punk que xunta forza e velocidade con melodía sen que se
noten as costuras. Todo ben afinado para bailar e, sobre todo, para
poguear deleitándose con reminiscencias ó pop clásico mesturado con
apmlis roncando ó vermello. Engraxen os esqueletes e espérense o mellor.https://
Estarán na perfecta compañía dun dos clásicos de PORNO: Monstruo, la niña bonita, uns desherdados que crían polos no local de ensaio e que algúns definen como o equilibrio perfecto entre a trapallada e a intelectualidade. Para outros simplemente son uns colgados que fan ruído. En todo caso, seguirán a súa premisa intelectual: todo para o pobo, pero sen o pobo, agasallando ós presentes cos seu punk salteado de matices, pasando da escuridade ó brillo pop ou paseándose polas fosas abisais da psicodelia e o hipnotismo kraut para logo sonar como o garaxe no que teu pai está furando unha chapa de metal cun taladro.
http://
5 euros ridículos para poder entrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario