PORNO
quere facer algo
útil pola sociedade galega
e, como parte de todo ese proceso, trae a Galicia a unha
das bandas máis excitantes de Euskadi: BORROKAN.
Farán dúas únicas datas en dous dos lugares máis importantes de
Galicia. A primeira en Ourense,
concretamente
no Café Cultural Auriense, o venres
6 de decembro
ás 9 da noite. A segunda no Liceo
Mutante, concretamente
en Pontevedra, o sábado
7 de decembro
ás 8 da tarde. Acompañados por UPPERCUT,
o
grupo PORNO máis canino. Non se esixe etiqueta nin formación
educativa, porque esta música fala claro. Non fai falta entender
nada, isto funciona a outro
nivel.
Que
é o que fai a Borrokan tan especiais?
En PORNO non entenden o euskera,
pero si que oíron algunha vez que era a lingua máis antiga de
Europa, que estaba aí como un misterio dende sempre, que mantén
porque case ninguén o entende. Escoitar a Borrokan é parecido.
Podería dicirse que tocan Post-Rock,
pero tócano como se o Post-Rock existira xa dende bastante antes de
que Jerry Lee Lewis prendera lume ós pianos. Teñen unha maneira de
encaixar sons uns con outros que é igualmente misteriosa, con esa
perfección sabia da xente antiga, que podía facer cousas tan
complicadas como a muralla de Lugo sen que houbera unha pedra de
máis. Alternando
ruido e silencio
fan cousas marabillosas e logo volves á casa e sorpréndeste a ti
mesmo tendo ganas de volver dentro daquelas cancións e perderte
dando un paseo e observando cada patrón rítmico.
É música feita con instrumentos pero tan intensa que parece feita
coas mans.
Presentan o seu terceiro disco Zuak,
de
obrigada adquisición para calquera que non sexa un autómata.
Por
se non fora dabondo, Uppercut
abrirán o camiño
para eles coa súa música
de xente asustada.
Pero non asustada en plan de fuxir correndo, senon asustada da que
devolve os golpes e se revolve como unha anguila perfecta. Móvense
sen parar, arriba e abaixo pero sobre todo arriba. Ás veces son como
unha patada e outras como un abrazo. Escoitalos
é como estar casado cun boxeador cubano
de gran corazón pero moi temperamental: ó final o sexo é
marabilloso. Morden, atacan en vertical e en gallardo, pum, pum, pum.
Parece que non, pero saben o que necesitas. Son como intelectuais
sen a pretenciosidade,
poñendo toda a cabeza en construír unha cousa chea de beleza. E
inda por riba como se fora sen querer. Hai
xente que o ten, e non é culpa de ninguén.
PORNO
ofrece máis
información
para os que non teman perder a capacidade de sorprenderse. A música
de Borrokan está en Internet,
o invento do futuro que xa está aquí e do que todos formamos parte.
Concretamente en http://www.ertza.net/borrokan/diskografia/.
A Uppercut pódeselles escoitar en http://discosporno.bandcamp.com/
pero sempre con moito coidado. Nas redes
sociais
irán aparecendo máis detalles para que a sociedade galega non teña
que molestarse en buscalos. Sempre que non teña medo a entrar en
https://www.facebook.com/discos.p0rn0
ou https://twitter.com/DiscosPorno.
Prescinde dos autómatas. Con PORNO todo é sinxelo e non
fai falta entender nada.