sábado, 4 de enero de 2014

11 ENERO: UZUMAKI + LOBISHOME + TERREMOTO SÍ NO AURIENSE /// FESTA DE ENTRADA NO FUTURO (ENTRADA 4 EUROS)

FESTA DE ENTRADA NO FUTURO (ENTRADA 4 EUROS)

PORNO acaba de decidir que xa vale, que xa basta, que xa está ben. 2014 e aínda non entramos no futuro, e seguimos tolerando discusións sobre a tradición e as gaitas e escoitando ós Beatles. Para ser constructivos hai que ser destructivos, así que organizamos urxentemente unha queima de traxes galegos e tamboriles amenizada por grupos con instrumentos eléctricos, que simbolizan o mellor do que está por chegar: UZUMAKI, TERREMOTO SÍ e LOBISHOME. Todo, absolutamente todo sucederá no Café Cultural Auriense o sábado 11 de xaneiro a partir das 21:30. O pasado xa pasou, o presente está morrendo agora mesmo. O futuro está no futuro, e queremos os lásers e o papel albal que nos prometeron. FUTURISMO, AHORA MISMO. HABERÁ EMPANADA, e os que estiverades nos últimos eventos PORNO sabedes que todo o que aquí se di VAI EN SERIO.

Parece mentira pero UZUMAKI son de Ourense e naceron nos noventa. A súa música frenopática cabalga sobre os ritmos imparables dun trebello electrónico que promete o que nós esquecimos necesitar: velocidade, avance, carencia de reflexión, cristal e metal. Manteñen unha certa conexión coa realidade humana a través de voces que recollen aquelo que a transmisión oral sempre deixou de lado. Unha vez falaron deles pola televisión e confundiron o seu nome. Xuraron vinganza e comezará no Auriense.

http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-adelanto
http://www.youtube.com/watch?v=FLJvI8hxceM


TERREMOTO SÍ son como o seu nome: algo inevitable. Non paran, seguen, avanzan, como un exército de mercenarios. Teñen as prescripcións para sobrevivir despois da guerra e, humanistas convencidos, compártenas nas súas letras. “Evitar destellos de luz”, porque no futuro será de noite e haberá ruido negro por todas partes. “Cortauñas y cucharas”, utensilios metálicos que intercambiar por tabaco ou cos que asasinar lentamente a seres que aínda non coñecemos pero que, dende logo, van darnos bastante medo. Xúntate a eles, son rápidos e poderosos.

http://terremotosi.bandcamp.com/
http://www.youtube.com/watch?v=-dfa63RHHIk


As cousas dixitais remataron cos nosos instintos pero non cos de LOBISHOME, que realmente son tres salvaxes que saben demasiado. Es un buen momento para dar un golpe de Estado, e eu pensaríame moito poñerme no lado contrario de quen ouvea como eles. Son tan rotundos que case sorprende que teñan un grupo. Dá medo velos, dá gusto oílos e quítanche as ganas de ter coidado cando manipulas cousas inflamables. É habitual volver sangrando á casa logo dos seus recitais, pero nada que non se poida limpar con sacrificios rituais.

http://mamavynilarecords.bandcamp.com/album/fobias-complejos-historias-y-huesos
http://www.youtube.com/watch?v=bg-E9jubROE


Para entrar no futuro necesitas entrar no Auriense, para entrar no Auriense necesitas pagar unha entrada de 4 euros. Faite un favor, líbrate da túa culpa, rompe cos revivals que che afogan e penetra directo na terceira idade. Están permitidos os bailes e as supersticións. Envía un privado a PORNO e darémosche o contrasinal. E recorda, EMPANADA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario