sábado, 4 de enero de 2014

3 ENERO: MONSTRUO + PUMA PUMKU + DURARARÁ // GALA PORNO BENÉFICA A FAVOR DA VIDA

A quen lle gusta a morte? Por que exerce sobre nós esa fascinación a escuridade da desaparición definitiva? E, sobre todo, por que a asociamos constantemente co rock and roll? PORNO quere zanxar esas tres cuestións. PORNO está a favor da vida, e en contra dos recentes asasinatos de Asunta e algúns fetos, organiza para este venres 3 no Café Cultural Auriense a súa I GALA BENÉFICA A FAVOR DA VIDA. Contará coa presenza de tres bandas Puma Pumku, Durarará!! e Monstruo, xóvenes bandas galegas que procuran devolver á música popular as súas alegres cores psicodélicas e a procura de ilusión por viaxar ó espazo, en lugar do constante desperdicio que supón o esperma derramado sen procrear no Galician Bizarre. ETA rendeuse e é unha boa oportunidade para construír un futuro mellor ou, polo menos, tomar o seu lugar. A sede de sangue e carne que os humanos levamos no noso interior será saciada con EMPANADA: as autorepresións mellor de unha en unha. Todo a partir das nove da noite. Os 5 euros da entrada destinaranse íntegramente a fomentar a natalidade.

Puma Pumku din nun dos seus hits que o espazo exterior está dentro de todos nós, pero a diferencia é que eles xa o atoparon. Mentras outros seguen buscando satisfacción na vida terrenal, Puma Pumku flotan elegantemente entre sonidos cósmicos que eles mesmos producen. Cando estás na mesma habitación que eles, tes a sorte de poder deixarte levar sobre esas vibracións coma se fosen hamacas. O espazo non é frío, o espazo é libre, o espazo é vida. Quizais a única banda capaz de facernos esquecer a EMPANADA, perderse o seu concerto é un pecado tan grave como a mentira ou o aborto.

http://pumapumku.bandcamp.com/

A música de Durarará!! é unha música sen medo, que non teme ser brutalmente intensa ou suave e preciosa. Unha música que nunca é igual porque se desenvolve no momento pero parece dirixirse segura de si mesma cara onde ti querías que chegara. Como o sexo, pero sen risco de embarazo ou enfermidades de transmisión sexual. Ás veces potente e poderosa e ás veces íntima, probablemente provoquen a fame en quen os escoite, xa que a experiencia é quen de deixarnos exhaustos. Por sorte, hai EMPANADA.

http://durarara.bandcamp.com/

A estas alturas, nas que todos pensabamos que Monstruo eran uns perdidos sen remedio, piden papas e anuncian que acoden a este concerto coa intención de corrixir os seus erros e comezar unha nova etapa na que aprendan das outras dúas bandas. Podemos esperar unha aproximación á psicodelia ou que rillen na EMPANADA, pero calquera das dúas opcións é un motivo para ser puntual. En caso de que fracasen como é habitual tocarán as súas cancións coa vontade de quen quere demostrar que non é un inútil. Tal vez o consigan, pero en todo caso merecen vivir tanto como calquera.

http://discosporno.bandcamp.com/album/monstruo-3

Como en calquera evento PORNO, non se esixe etiqueta, non se esixe sequera a nacionalidade española. Só se esixe sensibilidade e ganas de disfrutar dos regalos que son os amigos, a familia, as alegres cancións e a EMPANADA. Redefinamos o que é poñerse a parir dende un prisma optimista. Una sonrisa en los labios y una canción en el corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario