PORNO
DE CAMPO, PORNO DE CIDADE
Hai un video no que Dinio penetra a Miss Ourense, e o que vai pasar os próximos 14 e 15 de febreiro, en Ourense e Bueu, será igual pero mellor porque non será un video, será real. PORNO déixase querer por grupos neocastizos, da capital do Estado, e en última instancia deixa que as súas vibracións físicas o penetren. Neste caso os afortunados serán MONSTRUO, la niña bonita, que recibirán unhas sacudidas potentísimas por parte de ROLLERCOASTER KILLS e CHALLENGER! E ademais presentan disco! Hai sitio para o amor e a comunión espiritual, pero tamén para a decadencia. En todo caso, en xeral hai que acabar co malo da pornografía e a era que vivimos, que é que todo é mentira. Este será probablemente o primeiro paso para recuperar o sentido dos espectáculos en directo. Sucederá no SWASS (VENRES 14 ÁS 21 HORAS, 5 $) e repetiráse con excitantes variacións no LABRANZA (SÁBADO 15 ÁS 21:30 HORAS, 5 $).
Challenger!
Din que lles gustan os disfraces, así que sonan
xoguetóns e felices como o seu bar favorito, La Contenta,
no senlleiro barrio de Chamberí. Houbo un tempo no que para ser un
verdadeiro artista podías apoiarte en levar disfraces ou en vivir
nos bares. Man Ray, David Bowie, Cañita Brava, aquí todo en un,
como no seu último disco que de tan rotundo necesitou unha
onomatopeia para ser titulado. "AGH! "Así, en maíusculas.
O seu baixista tamén se chama así, e se xulgas a un grupo polo nome
do seu baixista non podes equivocarte.
O
baixista de Monstruo chámase Toni Colombo.
É unha estrela e o mundo aínda non o sabe: esas son as mellores,
podes presumir cando sexa famoso. Ten un ciclo de mecánica e outro
de electrónica, pero o importante é que traballou na Expo de
Zaragoza como garda de seguridade. Din que lle disparou alí a un
home só para observalo morrer. Sabe as constelacións, traballou en
hospitais psiquiátricos abandonados, como director de fotografía e
construiu unha hamaca coas súas propias mans. E o mellor de todo é
que todo isto é verdade. Ah! Toni Colombo tamén pode abrir todas as
portas do mundo.
Vide
pintadas coma portas, en consecuencia.
Ser un mesmo está sobrevalorado, a maioría da xente é normal e
anodina, incluso iso de ser quen queres ser é unha merda se non hai
creatividade así que se iso xa tal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario