lunes, 17 de febrero de 2014

21 FEBRERO: CUCHILLO DE FUEGO + UZUMAKI NO SWASS (OURENSE)

http://xoselgarcia.blogspot.com.es/
FESTA PORNO DA BURUNDANGA NO SWASS

A burundanga, tamén coñecida como escopolamina, é un alcaloide tropánico que se atopa como metabolito secundario de plantas na familia das solanáceas. Utilízase como droga malvada: serve para anular a vontade das persoas e levalos por aí de viaxe chamánica facendo que saquen cartos de todos os caixeiros. A crise empezou así, pero Castaneda dicía que se utilizaba en bruxería para prepararse para voar, e iso ten máis que ver co que vai suceder no

SWASS (Ourense)

o VENRES 21

a partir das NOVE E MEDIA DA NOITE

por CATRO PAVOS DE DONATIVO PARA AS BANDAS (BURUNDANGA INCLUÍDA NO AMBIENTE)

con CUCHILLO DE FUEGO e UZUMAKI como gurús e mestres de cerimonias. Acabáronse as imitacións de Santana e Jim Morrison porque o Embora ten unha tarima máis grande dende a que dar palmas e adicarse ó sexo andino froito desa morte da vontade, que total nunca che fixo ningún favor.

CUCHILLO DE FUEGO son, como o seu nome indica, a banda máis perigosa de Pontevedra. Cortan, queiman e algún deles leva gafas, así que moito ollo. Entre os seus fans cóntanse un lote de artistas e intelectuais a favor do cine español. Obxectos perigosos, reaccións perigosas, música socioeconómicamente rentable se queres estar á última, sátira social e pertenza a sectas con duros rituais iniciáticos. Esperemos que o teu peito teña saída de incendios.

http://cuchillodefuego.bandcamp.com/album/demos

UZUMAKI son probablemente o único grupo de Galicia no que ninguén leva gafas, pero non é iso o único do que poden presumir. Eles utilizan máquinas frías, electrónicas e metálicas, para tocar os ritmos cálidos do Caribe e logo os seus instrumentos eléctricos para emitir ruidos cortantes. Samba, punk, Steve Albini e Benny Moré xuntos por primeira e última vez. Berran pero non coa paixón sexual dos negros nin con ese complexo de inferioridade dos brancos. Tampouco como porcos camiño do matadeiro: son berros de insectos, afogados e extraños. Fantástico.

http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-adelanto

NOTA: a burundanga pode provocar graves alteracións de memoria, así que está permitido beber para que poida dar igual de todas formas. Pode parecer sorprendente, pero NUNCA ANTES HOUBO BURUNDANGA NO SWASS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario