http://xoselgarcia.blogspot.com.es/ |
A burundanga, tamén coñecida como escopolamina, é un alcaloide tropánico que se atopa como metabolito secundario de plantas na familia das solanáceas. Utilízase como droga malvada: serve para anular a vontade das persoas e levalos por aí de viaxe chamánica facendo que saquen cartos de todos os caixeiros. A crise empezou así, pero Castaneda dicía que se utilizaba en bruxería para prepararse para voar, e iso ten máis que ver co que vai suceder no
EMBORA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
o XOVES 20
a partir das NOVE DA NOITE
de BALDE
con CUCHILLO DE FUEGO, UZUMAKI e TERREMOTO SÍ como gurús e mestres de cerimonias. Acabáronse as imitacións de Santana e Jim Morrison porque o Embora ten unha tarima máis grande dende a que dar palmas e adicarse ó sexo andino froito desa morte da vontade, que total nunca che fixo ningún favor.
CUCHILLO DE FUEGO son, como o seu nome indica, a banda máis perigosa de Pontevedra. Cortan, queiman e algún deles leva gafas, así que moito ollo. Entre os seus fans cóntanse un lote de artistas e intelectuais a favor do cine español. Obxectos perigosos, reaccións perigosas, música socioeconómicamente rentable se queres estar á última, sátira social e pertenza a sectas con duros rituais iniciáticos. Esperemos que o teu peito teña saída de incendios.
http://cuchillodefuego.bandcamp.com/album/demos
UZUMAKI son probablemente o único grupo de Galicia no que ninguén leva gafas, pero non é iso o único do que poden presumir. Eles utilizan máquinas frías, electrónicas e metálicas, para tocar os ritmos cálidos do Caribe e logo os seus instrumentos eléctricos para emitir ruidos cortantes. Samba, punk, Steve Albini e Benny Moré xuntos por primeira e última vez. Berran pero non coa paixón sexual dos negros nin con ese complexo de inferioridade dos brancos. Tampouco como porcos camiño do matadeiro: son berros de insectos, afogados e extraños. Fantástico.
http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-adelanto
Non importa que TERREMOTO SÍ leven gafas, porque hai aquela canción de Derribos Arias na que Poch cantaba en alemán e non se entendía nada pero a información correcta estaba nas gafas, un filtro que separa unha visión clara da situación. Non importa exactamente entender, porque TERREMOTO SÍ coñecen unha serie de claves das que ti non tes nin idea e necesitas velos catro ou cinco veces ata acabar de darte de conta do que se esconde detrás do seu ritmo loco, que se mete no teu cerebro e cando te queres dar conta eres membro de Femen.
http://terremotosi.bandcamp.com/
Nos gusta así, que pasa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario