VERSIÓN RESUMIDA DOS MOTIVOS POLOS QUE ACUDIR A ESTE EVENTO:
CRÓ! son a pera e MONOTONUS molan, molan. Haberá froitas de todo tipo no CAFÉ CULTURAL EL PUEBLO, por SÓ 5 DÓLARES EUROPEOS, o SÁBADO 19 ás 21 horas.
VERSIÓN EXTENDIDA, CON EXTRAS:
CRÓ! están presentando o seu novo disco, “Pera”, e baixo a aparente simplicidade desas catro letras escóndese unha complexidade fascinante. A palabra “pera” refírese evidentemente á froita do pereiro, pero nalgún tipo de argot pode funcionar como adxectivo modificador. Nese caso, tamén reducible ó diminutivo “perita”, úsase para definir algo fantástico, perfecto para o momento. Un café agora sería pera = como me cundía agora un café. Cró! son “muy te cunde”, se o vemos así. Claro que o termo, unha vez diminuído, lévanos a ese perita. Unha churrascada o sábado sería perita = boca aberta e babear. Cando te babas pola noite é porque durmes con verdadeira profundidade: durmes perita. Pero unha perita, ademais dunha pera pequena, tamén é o feminino do termo “perito”. Iso significa “conocedor a fondo de algunha materia ou ciencia, cuxa actividade é vital na resolución de conflitos”. Pero logo hai xente, ai, que utiliza “peras” para referirse a peitos, nunha das mostras máis coñecidas da tendencia a utilizar froitas e vexetais como metáforas sexuais: melóns, bananas, pepinos, kiwis, etc. En definitiva, dicir que Cró! son pera pode querer dicir un feixe de cousas. E desa maneira queda claro que a súa música ten unha riqueza enorme e leva a cada un a sacar as súas propias conclusións, porque non é pechada e seguidora de fórmulas. É unha música que sucede no momento, feita por peritos da materia e que vai en moitas ocasións acompañada de fascinantes imaxes. E se non as hai, aparecen na cabeza de quen as oe, que tamén rematan coa boca aberta e babexando con frecuencia.
http://
MONOTONUS están presentando o seu novo disco, “Mola Mola”, e desenvolver outra tese arredor do seu nome ou o título do seu disco seguramente sexa algo tedioso para vós e para min. Todo o contrario do que sucede ó escoitalos (e esa semana poderá oírselles tamén noutros sitios de Galicia como La Caja en Vigo). Son intensos e excitantes cando queren, e cando non pois son o que lles vén en gana. Ás veces son repetitivos pero en plan ben como no rollo kraut, e ás veces teñen melodías bonitas, e ás veces ruido do que che fai vibrar o corpo. Lin por aí que a partir das vibracións propias da escala musical occidental se puideron atopar os elementos que faltaban da táboa periódica e tamén as posicións relativas dos planetas no Sistema Solar (excepto Saturno). Os obxectos teñen música, o silencio absoluto non existe e o teu corazón palpita nunha frecuencia semellante á dun bombo na caixa torácica. De todas formas, o desta xente é outro nivel, son como Induráin en canto a iso. Teñen unhas letras moi interesantes, a consultar aquí:
http://
No hay comentarios:
Publicar un comentario