PINGÜINO miden máis ou menos como Robert Smith e desenvolveron unhas habilidades sorprendentes para ser aves, facendo unha música que ten algún parecido ó canto dos paxaros. Pero claro, son paxaros de metro oitenta e sempre foi sorprendente esa habilidade dalgúns para poñerse nas torres de alta tensión sen que lles pase nada. A estes pasoulles que se electrificaron e entón acabaron sacando un LP que se chama “Gente Formal” no que cantan sobre as costumes humanas e hispanas que máis os sorprenden. Gústanlles Sonic Youth, Hüsker Dü ou Dinosaur Jr. Por se fora pouco, son asturianos.
http://
A MONSTRUO tamén lles gustan eses grupos, pero sobre todo gústalles a Nai Terra. Despois da súa fase militante e de que algúns deles cumpriran pequenas penas de cárcere por encadearse a petroleiros en augas internacionais, apostan por un lado espiritual que sorprende alá por onde pasa. Supresión do ego e comunión coa natureza a través de electricidade. A suma do poder das súas raíces africanas e a tecnoloxía que desenvolvían os técnicos de televisión rurais que aprendían por correspondencia. En todo caso, non deixa de ser glam rock.
http://
21:00h: ábrense as portas (eufemismo para que vaias vindo e observes ós animais no seu hábitat natural: a barra de bar)
21:30 con puntualidade británica: empeza a exhibición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario