lunes, 19 de mayo de 2014

2 MAIO: I PARTO LÍRICO


- Temos unha idea, sería nun bar, en Ourense, non, mellor antes iriamos a unha libraría, si, eso mola, sempre da un toque como de interesante, ben. Pois o tema sería chegar alí, con poemas, vale, xa sei que iso da poesía non vende moito, pero da igual, nós chegamos alí e recitamos os nosos poemas en público, e a xente rise, baila, drógase moderadamentre dentro do marco legal (ENSALADAS A UN EURO) establecido, en fin que flipan con nós e queren tirarse ó alto do grupo, xa sabes, o que non toca nada, porque aquí hai un recital ás oito sen banda, pero logo tamén vai un grupo.

- Pero iso xa existe, chámase Aldaolado, Picaversos e toda esa mierda, e dende que non está subvencionado, a iso (BARQUILLOS, OYGA SEÑORA, BAAAAAAARQUILLOS) non vai ninguén.

- Non,eu xa sei o que di pero nós falamos de algo distinto,neste proxecto a xente iría en pelotas.

-Pero que di? é a mellor idea que tivo un creativo deste país dende que decidiron facer unha serie sobre (ESPECIAL JAMBURGUER A 3,5,6 COCHINOS EUROS JAMBURGUER DE COCHINO) narcotráfico na costa galega con latinoamericanos de por medio.

- Pois atenda,que llo explico. Como acaba de ler, señora, POLLITOS BIEN y los abortíjenes viaxan á cidade (OVOS DA CASA PARA TI E PARA OS DEMÁIS) das Purgas para facer un recital que a ninguén @ vai deixar indiferente, para nós é unha honra poder actuar na única provincia do país que non pode construír chalés en primeira liña de praia, nin a segunda, nin a terceira,pero pola que corren ríos de licor café del bueno, estades tod@s convidad@s a este singular espctáculo. Ah,e tamén haberá poesía,para quen a pida.


invitados especiais: EBA REIRO Y ESPOSA

ENTRADA GRATUÍTA
20:00 RECITAL DO CICLÓN DE LUZESTZ NA LIBRERÍA EIXO
22:00 CONCERTO EN EL PUEBLO

No hay comentarios:

Publicar un comentario