lunes, 19 de mayo de 2014

9 MAIO: CUELLO + MONSTRUO


Cuello chegan por primeira vez a Ourense dende Valencia presentando Modo Eterno, primeiro no ránking nacional de Mondosonoro mentres escribimos estas liñas. Cuello xunta a membros de bandas de traca como Betunizer, Derrota, Tucán ou Los Tracahombres para parir un punk que xunta forza e velocidade con melodía sen que se noten as costuras. Todo ben afinado para bailar e, sobre todo, para poguear deleitándose con reminiscencias ó pop clásico mesturado con apmlis roncando ó vermello. Engraxen os esqueletes e espérense o mellor.

https://bcoredisc.bandcamp.com/album/modo-eterno

Estarán na perfecta compañía dun dos clásicos de PORNO: Monstruo, la niña bonita, uns desherdados que crían polos no local de ensaio e que algúns definen como o equilibrio perfecto entre a trapallada e a intelectualidade. Para outros simplemente son uns colgados que fan ruído. En todo caso, seguirán a súa premisa intelectual: todo para o pobo, pero sen o pobo, agasallando ós presentes cos seu punk salteado de matices, pasando da escuridade ó brillo pop ou paseándose polas fosas abisais da psicodelia e o hipnotismo kraut para logo sonar como o garaxe no que teu pai está furando unha chapa de metal cun taladro.

http://discosporno.bandcamp.com/album/monstruo-3

5 euros ridículos para poder entrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario