lunes, 19 de mayo de 2014

3 MAYO: GUERRERA EN EL PUEBLO C.C.


Os que viron a Guerrera en directo algunha vez, nas distancias cortas, seguramente aínda estean en trance por ese sonido que parecen golpes vindo de todas partes, como se estiveras facendo pogo con osos pardos. Seguramente aparezan movendo a cabeza pola porta do Café Cultural El Pueblo este sábado 3 de maio coa entrada na boca, e se abran paso babeando ata a primeira fila para poder sentir máis forte e máis preto o poder. Cada vez máis rápido e sen poder conterse, nunhas emocións parecidas ás que relataba Jaime Gonzalo sobre Iggy Pop:

“(...) ahí estaban al alcance de mi mano los atributos de Iggy Pop, oscilando cual péndulo de Foucault, ofrendados como un grueso y cárdeno gusano hipertrofiado que parecía decir “nene... ¡devórame!”. ¿Qué hacer? No me disuadían sus dimensiones – notables pero no extraordinarias -, tampoco admitir unas inclinaciones anfibias ya exploradas durante la adolescencia, ese período de pruebas. Como Goldstein, me carcajeaba de los prejuicios y bien podía imaginarme succionando simbólicamente aquel falo legendario, extrayendo por ese obsceno conducto todo el poder que emanaba de Iggy Pop, mitológico fauno, atlético áspid. Yo tampoco era gay, pero si antropófago, y en aquellos momentos, el deseo de canibalizar a Iggy, de sorber su enviciada sustancia, néctar sexual, narcotizante toxina con la que sojuzgar hombres y mujeres, homos y heteros, carne y pescado, me perforaba los parietales con zumbante rebufo de bala trazadora.”


Evidentemente Guerrera sonan sexuais, pero non tan fálicos. A súa mística ten menos que ver coa antropofaxia que co lume e os elementos en xeral. Son exóticos pero non en plan africano, máis ben zulú ou azteca. En disco xa son a hostia pero o seu sonido sucede de verdade cando non teñen que estar recluídos nos surcos dun vinilo ou en ceros e uns dixitais. E se non estiveches no Pueblo aínda esta é a mellor oportunidade para que te plantes diante da súa cara e te esquezas do teu corpo. Cando te queres dar conta, estás flotando entre riffs stoner, ritmos latinos e rituais extraños.

http://matapadre.bandcamp.com/album/mauna-loa

https://www.facebook.com/discos.p0rn0

Ás 21:30
No Café Cultural El Pueblo (bebidas baratas, futbolín e cultura underground)
5 euros anticipada (El Pueblo)
7 euros taquilla
Prezos ridículos polo dereito a unha cousa como esta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario